A CUT e a CIG denuncian presións de PSA

A CUT e a CIG denuncian presións de PSA

17

No dia de onte, os delegados sindicais da CUT e a CIG en Citroën presentaron unha denuncia conxunta contra a empresa por coaccionar o dereito á folga dos traballadores.

 A empresa comezou a súa campaña de intimidacións e coaccións contra a Folga por horas convocada para hoxe pola CUT e a CIG enviando unha circular aos traballadores e traballadoras da empresa nas que os advertía sobre as posibles consecuencias de ter participado nun paro que a dirección da empresa considera “ilegal”, vulnerando, deste xeito, o dereito fundamental á folga recoñecido na propia constitución española. A folga por horas convocada na Citroën para hoxe, lembremos, vén motivada polo empeoramento acelerado nas condicións laborais na empresa nos últimos meses, con importantes subidas nas cargas de traballo e nas esixencias de presentismo ás que hai que engadirlle as rebaixas unilaterais dos salarios impostas pola dirección.Para máis información, consultar aquí.