Comeza o proceso electoral na Administración de Xustiza

Comeza o proceso electoral na Administración de Xustiza

9

Onte, 20 de abril, deu comezo o proceso electoral na Administración de Xustiza de Galicia. Por primeira vez se presenta Alternativas na Xustiza-CUT na administración de Xustiza.

 Na constitución das Mesas electorais, os sindicatos “maioritarios”, “os do sistema”, salvo nalgunha unidade electoral, mostraron a súa belixerancia contra Alternativas na Xustiza-CUT (AXG-CUT) que fai moitos anos que non manteñen contra a patronal ou as políticas neoliberais do Goberno do Partido Popular. A actitude dos “maioritarios” non responde só a temas ideoloxicos e de acción sindical, que tamén. A sua principal preocupación esta no seu interés en manter a cadeira e os postos de liberados sindicais, alonxados dxs traballadorxs. Por non falar da súa práctica pactista coa Administración por activa, coa asinatura de acordos, ou por omisión, non mobilizando os traballadores. Non son millores as actitudes dos sindicatos coorporativos, cuxa preocupación, no millor dos casos, son xs traballadorxs da Xustiza, obviando as problematicas do resto da clase traballadora e da cidadania, algo que como sindicato de clase debemos combater. A nosa intención é presentar candidatura nas catro demarcacións galegas, e estar presentes na Mesa Sectorial para poder negociar as codicións laborais dxs traballadorxs e poñer coto ás políticas depredadoras do Goberno do PP.