Suspéndense as mobilizacións contra o restaurante El Olivo

Suspéndense as mobilizacións contra o restaurante El Olivo

19

A empresa compostelana solicita un prazo para comezar a negociación da débeda cun dos seus traballadores.
O pasado mes de marzo, o restaurante “El Olivo” despediu ao seu cociñeiro adebedándolle a cantidade de 4670€. Ante esta situación, dende a CUT Compostela, contactamos co empresario coa intención de negociar e, ao negarse a reunirse con nós, comezamos unha campaña informativa pola zona onde se atopa o restaurante. A reacción do empresario ante esta situación foi contactar con nós, disposto, agora si, a negociar, minutos antes de que comezase a concentración programada. O traballador levaba catro meses na empresa contratado a media xornada, cando a súa quenda excedía das oito horas todos os días. Desta maneira, o empresario conseguiu que traballase gratis máis de catro horas diarias, sen cobralas nin cotizalas á seguridade social, mentres o traballador só recibía promesas dun aumento de salario. Finalmente, foi despedido sen que se lle pagase a cantidade correspondente a todas as horas de traballo que realizou, e sen cobrar sequera a indemnización por despedimento. Estamos fartas da explotación na hostalería e de que non se recoñezan os nosos dereitos. NON IMOS TRABALLAR GRATIS!