A temporalidade do emprego medra en Galicia no mes de marzo

A temporalidade do emprego medra en Galicia no mes de marzo

7

Unicamente un 9.2 por cento dos novos contratos asinados ao longo do mes de marzo en Galicia tivo un carácter de contratación indefinida.

Dos 63.842 contratos asinados en Galicia durante o mes de marzo, só 5.879 foron rexistrados baixo algunha das modalidades de contratación indefinida recoñecidas, o que ofrece unha porcentaxe do 9.2 por cento de temporalidade no emprego. A esta elevada taxa de temporalidade e precariedade no emprego hai que engadirlle, ademais, un ritmo considerablemente menor de novas contratacións, catro décimas inferior á media estatal.Outro dato preocupante é que do total das 252.137 persoas demandantes de emprego na SEPE en Galicia, só 127.557 reciben algún tipo de prestación ou subsidio de cobertura, o que ofrece unha porcentaxe catro décimas inferior á media estatal.En definitiva, o paro descende en Galicia a un ritmo considerablemente menor que no resto do estado español mentres que, pola contra, a taxa de temporalidade na contratación medra a un ritmo constante. Estes dous factores, unidos á menor contía xeral dos salarios no noso país, ofrece un cadro pesimista para a clase obreira galega, que vende o seu traballo a menor prezo e cunha perspectiva de estabilidade considerablemente menor á do resto do estado español