Faurecia incumpre os acordos

Faurecia incumpre os acordos

7

Dende que o ano 2014 foi asinado o convenio, a Dirección da Empresa non fixo máis que incumprir os acordos acadados, tanto é así que o Comité viuse na obriga de convocar unha folga, logo desconvocada ao chegar a un novo acordo que agora a empresa volve incumprir.

 O Comité de FAURECIA, ASIENTOS DE GALICIA, convocou asembleas no centro de traballo nas que informou aos traballadores e traballadoras da prepotencia da dirección, e onde se deixou claro que, tras o paso pertinente pola Comisión Paritaria de Seguimento de Convenio, tomaranse as medidas necesarias para o cumprimento dos acordos. A CUT manifesta que non vai consentir que a empresa deixe en papel mollado o que se negocia nas mesas, a paz social só existe se hai respecto entre as partes, do contrario haberá conflito.