Encontro Sindical CUT PSA Vigo, CGT PSA Madrid

Encontro Sindical CUT PSA Vigo, CGT PSA Madrid

13

O pasado venres 13 de marzo os membros da sección sindical da CUT en PSA Vigo visitamos a fábrica do grupo PSA en Madrid, neste caso o centro de Villaverde. Un encontro marcado polas boas relacións entre ambos sindicatos, e que vimos mantendo dende hai xa tempo na procura dun fronte común. Estas relacións cobran máis forza neste intre tras a designación do polo ibérico, e servirán para unha mellor defensa dos dereitos socio-económicos e laborais dos/as traballadores/as.

A visita foi solicitada a instancias da CUT, ocupándose os compañeiros da CGT de pedir os permisos pertinentes a Dirección para poder visitar o centro de Villaverde. A nosa visita realizouse con total normalidade, percorremos as liñas de ferraxe, pintura, montaxe, loxística, etc, onde puidemos comprobar in situ as similitudes e as grandes diferenzas produtivas entre ámbolos centros. Unha vez rematada a visita, intercambiáronse impresións no local da CGT, e sentáronse as bases para incrementar a colaboración entre ambos sindicatos.

O encontro para os membros da CUT foi totalmente positivo. Sentímonos arroupados en todo momento polos compañeiros da CGT e puidemos constatar tamén as diferenzas a nivel económico e laboral entre centros.

Agardamos que nun futuro próximo, una vez rematadas as eleccións sindicais do deu centro (que se celebrarán en xuño), os compañeiros da CGT visiten o centro de Vigo.

DENDE A SECCIÓN SINDICAL DA CUT, QUEREMOS MOSTRAR O NOSO AGRADECEMENTO OS/AS COPAÑEIROS/AS DE CGT MADRID