A CUT acada 4 dos 9 representantes sindicais en COPO IBÉRICA

A CUT acada 4 dos 9 representantes sindicais en COPO IBÉRICA

33

Era a primeira vez que a Central Unitaria de Traballadores/as presentaba candidatura propia nesta empresa e resultou, así mesmo, a forza máis votada no Taller.

En total, na sección de Taller, a única na que a CUT presentaba candidatura, a Central recadou o apoio de 69 dos 129 traballadores/as, mentres que a CIG foi apoiada por outros 51 e outros 8 votaron en branco. Os dous representantes restantes, da sección de Administración, onde a CUT non presentaba candidatura, foron para a CIG.A CUT parabeniza aos seus delegados e delegadas sindicais en COPO IBERIA polo seu esforzo e polo gran resultado acadado, un resultado que pon de manifesto a necesidade dun proxecto sindical de clase baseado no asemblearismo, na honestidade e na defensa sen paliativos dos dereitos dos traballadores e traballadoras.Nesta ligazón podes acceder á nota emitida pola Sección Sindical da CUT en COPO IBERIA valorando o resultado das eleccións.