Éxito total dos actos das Marchas da Dignidade en Vigo e na...

Éxito total dos actos das Marchas da Dignidade en Vigo e na Coruña

11

Os compañeiros Diego Cañamero, do SAT,e o actor Willy Toledo coincidiron na necesidade de seguir apostando pola manifestación masiva e unitaria da clase obreira na rúa como ferramenta de transformación política.
Nas charlas participaron, así mesmo, representantes das Plataformas Antidesafiuzamentos de Vigo e da Coruña, así como de afectados pola Hepatite C e outras persoas referentes dos movementos sociais e do movemento obreiro. Todos eles salientaron a importancia do momento histórico que vivimos na actualidade, no que as medidas austericidas ditadas pola Troica desde Bruxelas, Madrid e Compostela están supoñendo unha agresión sen precedentes á clase obreira galega e do estado español, que están sufrindo directamente as políticas antiobreiras e regresivas da dereita, perdendo dereitos báiscos conquistados ao longo da historia centenaria de loita do movemento obreiro e mesmo vendo a súa simple supervivencia física, o dereito á vida, ameazada.Pan, traballo e teito, esa volveu ser a consigna máis repetida ao longo destas dúas xornadas, así como a incidencia na necesidade de xuntar todos os lumes no obxectivo común de acadar o cambio político que poña freo á voracidade do capitalismo neoliberal. Unha vontade que se expresará masivamente nas rúas de Madrid o vindeiro 21 de marzo, nunha convocatoria que se prevé histórica, malia os moitos atrancos nas rodas da unidade popular impostos pola oligarquía, o máis recente de todos, a negativa a facilitar os trens cos que a Columna Galega das Marchas da Dignidade tiña previsto desprazarse a Madrid o vindeiro 21 de marzo.Nesta ligazón podes acceder a unha galería de imaxes dos actos da Coruña e Vigo.Nestoutra ligazón podes acceder a un vídeo do acto das Marchas en Vigo.