A Columna Galega das MMdD dencuncia a Fomento e a Renfe

A Columna Galega das MMdD dencuncia a Fomento e a Renfe

5

Despois de ter preacordado con Renfe a contratación de dous trens charter para viaxar a Madrid o vindeiro 21 de marzo, a dirección desta empresa, asumindo directrices políticas da Ministra de Fomento e utilizando diversos estrataxemas, vólvese atrás para intentar impedir que os Galegos e galegas estemos presentes nas Marchas da Dignidade. Manolo Camaño, un dos portavoces da plataforma galega das MMdD, nun acto abarrotado de público celebrado onte en Vigo, onde tamén interviron Diego Cañamero e Willy Toledo, afirmou: “A decisión política de Ana Pastor e os seus secuaces de impedir de que viaxemos en tren a Madrid, ímola responder aínda con máis “dignidade”. Comprometémonos desde aquí a levar o doble de xente que estaba prevista nos dous trens, e sairán autobuses de toda a xeografía galega. O 21-M, si ou si, imos ateigar Madrid”.