O sindicalismo do réxime pacta a involución salarial

O sindicalismo do réxime pacta a involución salarial

7

Unha das das poucas defensas a prol da clase obreira que CCOO e UGT mantiveron ata hai pouco foi a súa posición contraria a desvincular os salarios da evolución do IPC. O Índice de Prezos do Consumo, para nos entender, é unha medida estatística da evolución que se dá nos prezos dos bens e servizos que consume a poboación residente en vivendas familiares.Por desgraza ata esta esta situación se reverteu como se nos veu agoirando nas páxinas dos xornais que defenden un sistema tan agresivo cos dereitos sociais como é o español. O ataque mediático nos últimos anos á relación entre salarios e a inflación viría tipificado polo axuste do mercado de traballo que non significa outra cousa que a baixada dos salarios ou ben unha porta aberta ós despedimentos.A reforma do modelo salarial que quedara en suspenso hai catro anos conseguiu agora atopar forma grazas a unha nova claudicación do sindicalismo de moqueta. O pasado 24 de febreiro CCOO e UGT aceptaron a proposta da CEOE e CEPYME para que a revalorización salarial tome como referencia o PIB no canto do IPC. Unha outra involución pactada na que se aproveitará o inesperado momento de deflación ocasionado pola baixada, só conxuntural, do prezo do barril de petróleo. Mentres o BCE xa traballa arestora con políticas monetarias para encarecer novamente o combustible, orquéstrase esta operación a nivel interno para que se traduza nun novo atraco á clase obreira na negociación colectiva relativa ó exercicio 2015-2017.Segundo fontes consultadas, a experiencia histórica ensina que canto más aumente o PIB maior vai ser o crecemento da inflación. Por tanto, o acordo que se quere tomar sería prexudicial mesmo de entrarmos nunha fase de crecemento do PIB por riba do 1% que, por outra banda, non se espera. Ademais, o incremento dos salarios que están a amañar de costas ós intereses do proletariado non superaría o 2% mesmo no caso de que o Produto Interno Bruto acadase o 7%.Por este motivo, desde a CUT denunciamos máis unha vez o sometemento dos grandes sindicatos ós ditados da patronal e dos intereses financeiros en detrimento da xente desfavorecida e que tan mal o está a pasar nestes momentos. Do mesmo xeito queremos dar a voz de alarma e informar ó pobo traballador sobre a gran farsa desas mensaxes que están a ventar unha suposta relación dos salarios coa marcha da economía. Como acabamos de ver, nada máis lonxe da realidade.