As Marchas da Dignidade convocan manifestacións mañá nas 7 cidades galegas

As Marchas da Dignidade convocan manifestacións mañá nas 7 cidades galegas

12

As manifestacións, que terán lugar o 25 de febreiro, teñen como obxectivo ir xuntando forzas de cara á gran mobilización convocada para o vindeiro 21 de marzo en Madrid.As Marchas da Dignidade volven á rúa para amosar a súa oposición ás políticas antipopulares e antiobreiras impostas desde o FMI, o BCE e a UE e seguidas ao pé da letra polos gobernos de Rajoy en Madrid e Feijoo en Galicia. Unhas políticas que están levando á pobreza e á exclusión social a sectores cada vez máis amplos da clase obreira co único obxectivo de salvagardar as plusvalías da Patronal e os intereses da Banca, e que contan, ademais, co silencio cómplice das grandes centrais sindicais sistémicas: CCOO e UXT.É urxente, pois, amosar de xeito masivo na rúa o noso rexeitamento frontal ante estas políticas regresivas e antipopulares e ir preparando o camiño de cara ás grandes mobilizacións por vir, nomeadamente, á manifestación que terá lugar en Madrid o vindeiro 21 de marzo e á Folga Xeral convocada para o 22 de outubro.Así mesmo, as Marchas da Dignidade organizarán outros actos no noso país co fin de ir socializando a nosa loita, como o faladoiro-debate no que participarán Diego Cañamero, voceiro do SAT, e o actor Willy Toledo, na Coruña o 9 de marzo (no Círculo de Artesáns ás 19.30 horas) e en Vigo, o día 10 (no Centro Cívico de Teis, ás 20 horas).O horario e o punto de partida das manifestacións é o seguinte:• Ferrol, desde Praza de Armas, ás 19,30 horas• A Coruña, desde Praza de Portugal, ás 20 horas• Lugo,desde Explanada do Edificio Multiusos da Xunta ás 20 horas• Compostela, desde Porta do Camiño, ás 20 horas• Ourense, desde Parque San Lázaro, ás 20 horas• Pontevedra, desde A Pasarela (Rúa 12 de Novembro), ás 20 horas• Vigo, desde Praza de Fernando o Católico, ás 20 horas