NH Collection Santiago asina o seu calendario laboral para o 2015

NH Collection Santiago asina o seu calendario laboral para o 2015

23

A representación da CUT na empresa reivindica o dereito das traballadoras a traballar para vivir e non vivir para o traballo e a que se cumpra coa obriga de publicar anualmente os calendarios laborais nas empresas da hostalería.
Esta semana asinouse o calendario laboral para o 2015 no hotel compostelá NH Collection Santiago (antes NH Obradoiro) logo de varias denuncias da central sindical que provocaron requerimentos e sancións de Inspección Laboral contra a empresa, por incumprir esta previsión do Convenio Provincial de Hostalería.“Algo que podería ser unha nova sen interese” en palabras do delegado Leonardo da Cruz “pode converterse nun referente para todo o sector da hostalería xa que algo tan elemental como compaxinar o traballo coa vida non é sinxelo para os que traballan neste sector”.O calendario laboral, obrigatorio para todas as empresas da hostalería sexan hoteis, restaurantes, bares, cafeterías, etc, debe quedar redactado antes da fin do ano natural anterior, negociándoo de existir cos representantes unitarios, e nel deben estar fixadas tanto as quendas anuais, semanais e diarias como os denscansos, os festivos e as vacacións de todo o cadro de persoal, cos respectivos horarios.As traballadores e traballadoras do hotel compostelá denuncian que están “fartos e fartas de que frases como se repitan coma un disco raiado pola patronal ata que acaban interiorizándose nunha clase traballadora amedrentada”.Leonardo Da Cruz asegura que “a experiencia do 2014 indícanos que nunha empresa con capacidade organizativa as quendas previstas en calendario non varían máis alá do puntual” e analiza esta sinatura negociada do Calendario como “algo positivo que é unha conquista pola actitude firme do cadro de persoal do hotel en defensa dos seus dereitos, aínda que siguen quedando moitas cousas pendentes, moitas conquistas”.