Asemblea Estatal das Marchas da Dignidade en Cangas

Asemblea Estatal das Marchas da Dignidade en Cangas

9

O pasado 16 e 17 de xaneiro tivo lugar, en Cangas do Morrazo, unha Asemblea Estatal das Marchas da Dignidade para debater a liña de actuación futura.En total, foron máis de dúas ducias de representantes de organizacións obreiras e cívicas do estado español as reunidas a fin de semana pasada en Cangas co fin de analizar a actual situación política e social e debater unha liña de acción conxunta para reverter as políticas antipopulares e antiobreiras levadas acabo pola Troica e os gobernos de Madrid e de Raxoi.No acto do venres, a actriz Mónica Camaño foi a mantedora dun acto no que, ademais, tomaron a palabra Lluís Blanco (IAC), Nines Maestro (Red Roja), Gines Fernandez (Frente Cívica-SM), J.M. Muñoz Poliz (CGT), Rafael. Glez. Escudero (S.F. da Confederación Intersindical.), Javier Garcia (SAT) e Manolo Camaño (CUT), e que contou tamén coa intervención do poeta Xosé María Álvarez Cáccamo.Nas súas intervencións, os representantes das diversas organizacións coincidiron na necesidade de proseguir coa mobilización masiva na rúa como único xeito de frear as políticas neoliberais e autoritarias impulsadas desde Bruxelas e o goberno de Madrid. Neste sentido, dúas datas foron especialmente salientadas: o 21 de marzo, no que se levará a cabo unha gran manifestación unitaria en Madrid, e o 22 de outubro, coa convocatoria dunha Folga Xeral.A xornada do 17, sábado, centrouse na análise dos aspectos técnicos e loxísticos que permitirán atinxir os obxectivos marcados para este 2015: quebrar coa Europa e a España do Capital na procura dun sistema de goberno posto ao servizo dos intereses populares, denunciar e frear a súa deriva autoritaria e represiva e, finalmente, impulsar a ruptura democrática co Réxime do 78, coa oligarquía financeira gobernante e co deseño centralista do estado español recoñecendo o dereito á independencia das nacións sen estado.Nesta ligazón podes acceder a unha galería de imaxes da Asemblea Estatal das Marchas.Nestoutra ligazón podes acceder á nova deste evento publicada en Praza.gal.