O cinismo do sindicalismo do réxime

O cinismo do sindicalismo do réxime

7

O secretario xeral de CCOO volveu vender fume no Foro de Nueva Economía. Antre o público a Ministra, Fátima Báñez e Cándido Mendez, secretario xeral da UGT, antre numerosas perlas do Réxime. Fernández Toxo escenificando de pavo real, tivo que facer encaixe de Camariñas para casar o cántico ás bondades do últimos acordo que asinaron con Goberno do PP e a mediocre crítica á suba do SMI. Esperpéntico!Toxo manifestou que a prioridade de CCOO para o 2015 está na mellora salarial e na implementación da renda mínima garantizada, simple palabrería e demagoxia. Chegou a afirmar que a negociación colectiva vai ben, será para el, porque para a maioría de traballador@s que aínda teñen traballo, simplemente non existe.Nun alarde de cinismo chegou a afirmar, que non sairemos da crise, mentres non se acaden os estándares anteriores á mesma. Mágoa que non dixera tamén como. Será a través do Pacto Social permanente? Será someténdose máis ainda á Patronal? Por suposto non nos dixo nada da necesidade da Folga Xeral. O cinismo do sindicalismo do Réxime chegou a extremos que dan medo.