A Europa do Capital ensaia a Doutrina do Shock

A Europa do Capital ensaia a Doutrina do Shock

15

A escritora canadense Naomi Klein escribiu hai uns cantos anos un libro moi interesante intitulado do A doutrina do shock. Esta periodista e escritora, hai que dicilo, politicamente é unha demócrata burguesa e o seu pensamento económico non vai máis alá do keinesianismo. Con todo, está circunstancia non foi obstáculo para que na brillante obra citada, Naomi Klein, lle describise ó mundo, con pelos e sinais, as artimañas do neoliberalismo para amedrentar a Humanidade.Nós non nos imos estender aquí na chamada “doutrina do shock”. En todo caso recomendamos a lectura do libro, pero cómpre saber que esta consistiría na fabricación dunha escusa, unha coartada, para instalar o pánico nun escenario humano determinado e, a partir de aí, manipular, ó antollo do sistema, as vontades e as conciencias dunha sociedade. A súa aplicación abranguería calquera ámbito social: no mundo laboral, no económico, no político, etc. O instrumento base é o shock do medo, inventándoo ou mesmo aproveitando un fenómeno natural. E o mecanismo final viría dado pola represión en distintos graos, desde a sutil e invisible ata a máis extrema incluíndo a morte a través do asasinato.Desde esta web da CUT, hai tan só uns días, alertábamos sobre o que previsiblemente agochaba o atentado de París á revista humorística Charlie Hebdo. Hoxe, poucos días máis tarde, xa temos a constatación en ámbitos diversos como o propio estado francés, en toda Europa e, como non podía ser doutra forma, dentro do estado español. Os deseñadores da oligarquía comezaron coa lideira de facer ver que o atentado “era en contra da liberdade de expresión” en lugar dunha resposta irracional contra o xenocidio de miles de persoas en latitudes onde está implantada a cultura musulmá. A continuación veu o “Eu son Charlie” (Je suis Charlie) para a xente inxenua e a manifestación de París encabezada polos responsables dos xenocidios de Irak, Siria, Libia, etc. Pero o que toca agora é a propagación do medo.Antonis Samaras, o gánster que na actualidade é Presidente de Grecia, xa anunciou que votar a Siryza e ó KKE “é meter inmigrantes yihadistas en Europa”. Onte a Garda Civil practicou en Euskal Herria unha razzia que levou á cadea a doce avogados. Hoxe mesmo, o Fiscal Superior do País Vasco, Juan Calparsoro, manifestou que cualificar o Estado de terrorista hai que “consideralo un ataque”. Obama, que anda nas mesmas, vén de manifestar a súa disposición a colaborar con Europa fronte ó perigo yihadista.O que estamos a vivir ten un nome e chámase fascismo. Só a unidade obreira e popular xunto co entendemento entre as nacións do Estado poderán facerlle fronte ó que se nos aveciña. Ou eles ou nós.