22-M: a CUT querélase contra o Ministerio de Interior

22-M: a CUT querélase contra o Ministerio de Interior

8

O noso sindicato, xunto con outras organizacións sindicais do estado español que formamos parte das MMdD, imos a interpoñer nos próximos días unha querela criminal contra o Ministerio do Interior e todos os órganos e individuos subalternos, polos feitos acontecidos en Madrid ó remate da manifestación das Marchas da Dignidade o pasado 22 de marzo.A querela criminal vai dirixida contra: Ignacio Cosido Gutiérrez, director xeral da Policía; Arsenio Fernández de Mesa, director xeral da Garda Civil; Cristina Cifuentes Cuencas, Delegada do Goberno en Madrid; Florentino Villabona, Comisario Xeral de Seguridade Cidadán; José Miguel Ruiz Igüsquiza, Xefe ó mando das Unidades de Intervención Policial (UIP); Francisco Javier Virseda, ex- xefe ó mando das UIP de Madrid; Germán Rodríguez Castiñeira, Xefe da Brigada Provincial de Información de Madrid; Francisco González Pescador, Inspector Xefe das Unidades de Intervención Policial; Alfonso Fernández, Xefe superior de la Policía en Madrid; Andrés Garrido, responsable de Seguridad Ciudadán na cidade de Madrid; Los xefes dos seguintes indicativos da Policía Nacional Puma 70, Puma 74, Puma 10, Puma 20, Puma 30, Puma 90, Puma 110, Puma 3, Puma 40, Puma 41, Puma 43 así como o Xefe do indicativo Omega 11 da Policía Municipal , e contra todos aqueles que resulten responsables dos delitos perseguidos a instancia da querella no curso da investigación.Incriblemente, a maioría das persoas citadas, e até un número que supera os cen efectivos, foron recentemente condecorados polo Goberno do PP pola actuación que nós estamos a denunciar nos tribunais de xustiza. O Ministerio do Interior para tapar as gravísimas responsabilidades no operativo policial e parapolicial, tápalle a boca con cartos á tropa. Porque hai que dicilo: as medallas ademais de chapas metálicas, veñen a supoñer importantes incrementos salariais ademais de melloras na escala de méritos e servizo.Pasaron dez meses e, ademais daquela alarmante montaxe parapolicial, atrás queda tamén a campaña de linchamento mediático demencial contra a CUT, pola súa suposta pertenza a “Resistencia Galega”. Teremos que prepararnos para o vindeiro 21 de marzo, o raposo sempre volve o galiñeiro.