CCOO e UXT traizoan a loita polo tren

CCOO e UXT traizoan a loita polo tren

6

O recente acordo sobre os novos dereitos sindicais que se vai aplicar tralas eleccións no ADIF botan por terra, co apoio de CCOO e UGT, os recursos dos comités provinciais en favor das estruturas estatais e dos representantes “institucionais”.A problemática laboral no ferrocarril non é facilmente entendíbel sen facelo dende unha perspectiva histórica. Anteriormente o persoal traballador gozaba duns dereitos sindicais propiciados polo acordo de refundir as eleccións de centros de traballo en eleccións de comités provinciais. Situación que beneficiaba á propia empresa pero, sobre todo, á representación da clase operaria que podía contar con máis persoal liberado que dando centralizados os recursos e permitíndose unha gran acumulación e unha mellor optimización. Ademais aforrábase en multitude de procesos electorais e favorecíase a interlocución ó dar cabida a un comité intercentros que, sen pasar polas urnas, era doadamente elixíbel como resultado dos amentados procesos provinciais.O que se estilaba anteriormente era o que se denominaba Pleno de Representantes onde o persoal traballador delegaba nunha persoa interlocutora por cada centro de traballo a nivel do Estado. Deste xeito, levábanse a cabo con considerable eficacia as reunións de negociación colectiva, seguridade e saúde de empresa, formación e outras.Para pórmonos en situación, pensemos que, por cada provincia, en Renfe Operadora había unha cumprida cantidade de centros de traballo. Cada estación aberta que tivera máis de 6 membros do persoal xa era considerado como tal. Despois estarían tamén o resto de servizos ocupándose das vías e das obras, de cambiar sinais, catenaria, talleres, intervención, maquinistas, etc…Os recursos que posuía o sindicalismo no ferrocarril eran nosos por lei a pesar da mala prensa cara a figura da persoa liberada xerada, en ocasións, por descoñecemento ou a través dunha desinformación imbuída. A nota negativa, tamén hai que dicilo, é que estes dereitos permitiron que nas organizacións do réxime as grandes federacións dependesen dos recursos sindicais acadados no ferrocarril. Deste modo non é difícil ver a bastante persoal liberado de CCOO e UGT que hai moito que non visten o uniforme de traballo ou que non pisan unha vía ou un anden. Tal como pode acontecer noutras grandes entidades como Telefónica ou Correos, poñamos por caso.A relativa situación de bonanza vai mudar agora coa aplicación do Real Decreto-Lei 20/2012 do 13 xullo para “garantizar la estabilidad presupuestaria y de fomento de la competividad”. Cando menos para o pequeno sindicalismo alternativo, como se pode extraer logo da sinatura do preacordo para trasladar á Dirección General de Función Pública. CCOO e UGT van intentar manterse na onda en detrimento do sindicalismo de clase e a conta dos recursos provinciais. No acordo asinado no ADIF o pasado 28 de novembro tamén se suma o SEMAF, o sindicato amarelo do persoal maquinista, e regúlase tamén tendo en conta a súa representación dun 20% mentres que o ET só contempla un 10%. Todo semella feito a medida para que cada vez haxa menos espazo para facer traballo sindical comprometido coa clase traballadora. A aplicación do documento ós sindicatos pequenos e alternativos significa un despropósito e a sinatura do seu certificado de defunción pois resulta inviábel, a todas luces, manter unha estrutura estatal baseada unicamente na afiliación.Tamén no ferrocarril o Réxime coa complicidade necesaria de CCOO e UGT, quere laminar a representación sindical clasista, neste ocasión ó SF-CI e a CGT, para seguir avante cos seus plans de privatización da empresa pública e converter en escravos a miles de traballadores que conquistaron os seus dereitos con moitos anos de loita.