A concertación e a aldraxe aos traballadores e traballadoras

A concertación e a aldraxe aos traballadores e traballadoras

11

O 19 de marzo pasado, ás portas do arranque das Marchas da Dignidade, ó Réxime sabedor do que ía acontecer o 22-M en Madrid, escenifica un encontro de Rajoi, a Ministra Fátima Bánez, o capo da patronal Rosell e is secretarios de UGT e de CCOO. O motivo non era outro que anunciar a súa disposición a “negociar” por enésima vez o Pacto Social.

Hoxe, os mesmo personaxes con toda desvergoña imaxinable, vólvense a sentar na mesma mesa para asinar o “novo subsidio para parados de longa duración”. O Goberno, co beneplácito das devanditas corporacións sindicaism volven ás andadas co subsidio de 426 euros co obxectivo de “aumentar a taxa de cobertura do sistema de protección social”. Que o faga o goberno e a patronal para seguir navegando, é normal, pero a participación de CCOO e UGT é un acto de indecencia e atentatorio coa dignidade daquel@s que pasan fame.A carón deste acto, a maquinaria mediática do Réxime púxose inmediatamente a andar. Do que se trata é de converter esta medida aldraxante ós dereitos e ás necesidades da clase traballadora que sofre o desemprego, nun “notición” que repetido mil veces por portadas e tertulianos servirá para enganar a aqueles que na desesperación, teñen necesidade de comer, e caerán na trampa do “algo é algo”.O subsidio aprobado e asinado no día de hoxe, consiste nunha cantidade de 426 € que percibirían aquel@s que leven máis de doce meses no desemprego, e que, á súa vez, a situación de desemprego veña dada pola perda de traballo. A axuda será por un período de seis meses e entrará en vigor no mes de xaneiro de 2015. Chama a atención que a esmola concertada con CCOO e UGT poderá ser compatible cunha alta laboral, séndolle descontada ó empresario da súa obriga do salario c@ traballad@s.De escándalo!, xa o dixemos; sería normal en Rajoy e na Báñez, pero o de CCOO e UGT só ten un nome: traidores á clase obreira, por iso dicimos que eles son parte do problema e que xamais formarán parte da solución ó drama que sofren @s explotados.