Convocatoria de manifestación da CUT e a CIG contra os recortes en...

Convocatoria de manifestación da CUT e a CIG contra os recortes en Citroën

10

Mañá sábado, ás 11:30 horas nas Travesas de Vigo, terá lugar unha manifestación unitaria dos sindicatos CUT e CIG en protesta polos recortes salariais impostos de xeito unilateral pola empresa Citroën.A manifestación, baixo o lema NON AO ATRACO SALARIAL,  ten como obxectivo socializar entre a cidadanía de Vigo a situación no principal centro de traballo da cidade no que a dirección da empresa está a levar unha política de recortes salariais coa conivencia do sindicato amarelo SIT.A situación dos traballadores da Citroën é un problema que atinxe a toda a comarca de Vigo, non só polo número de traballos directos na planta, senón tamén pola multitude de traballos directos nas empresas auxiliares da Citroën.No seu comunicado, que se pode descargar aquí, a CUT e a CIG, fan un chamamento á  cidadanía viguesa para que amose a súa solidariedade cos traballadores dunha fábrica dunha multinacional que foi beneficiaria, de xeito directo e indirecto, de multitude de inversións públicas por parte do Concello de Vigo e da Xunta de Galicia.