A CUT-CITROËN denunica irregularidades na negociación do último acordo

A CUT-CITROËN denunica irregularidades na negociación do último acordo

11

A CUT, tal e como xa manifestou antes do inicio desta negociación cando a Dirección da Empresa emprazou as partes para sentarse a negociar, consideraba que era necesario constituír o novo Comité de Empresa emanado das ultimas eleccións sindicais neste centro o pasado 3 de Outubro, e polo tanto este órgano colexiado determinara cal sería o método de negociación.A Empresa por un lado atende a nova representación sindical emanada das ultimas eleccións sindicais para a designación dos representantes na mesa de negociación, e simultaneamente non recoñece os membros da CUT para poder desenvolver o seu traballo sindical, ata que se constituíra o novo comité de empresa o 3 de Novembro, negándosenos un dereito de representación no seu extenso contido tal e como se recolle por Lei.Por unha parte quere que formaramos parte da mesa de negociación para cubrirse a nivel legal, e pola outra, non podiamos facerlle chegar a información do que alí sucedía aos traballadores e traballadoras ao negarse a facilitarnos un dereito lexitimo de representatividade da Sección Sindical da CUT neste centro de traballo, como son os medios e as horas sindicais. Feitos que xa foron denunciados ante a Inspección de Traballo.De aí que a CUT non formara parte da mesa de negociación ata o 3 de Novembro. Dende que formamos parte por primeira vez da mesa de negociación, xa manifestamos que pola nosa parte non iamos negociar ningún recorte salarial para os/as traballadores/as na actualidade na fábrica, nin que no seu futuro puidera formar parte da mesma. Incidiamos na necesidade de crear unha mesa de sector para buscar medidas de competitividade de futuro, onde estiveran todas as partes representadas (Empresa, Administracións Publicas, e Sindicatos).Considerabamos que o pretendía a Dirección da Empresa era modificar o Convenio Colectivo 2012-2015 en case todo os seus contidos, tal e como se pode constatar na redacción do acordo remitido finalmente sobre Medidas de Competitividade, onde se pode ver os artigos que se ven afectados, e por tanto modificalos.Dende a CUT, partimos dunha base que os argumentos esgrimidos pola Dirección da Empresa para realizar un descolgue salarial, non se amparan nos requisitos regulados no Real Decreto 3/2012, xa que non se dan as causas recollidas por Lei para poder realizar dito descolgue. E así o fixemos recoller en acta dende o seu inicio. No suposto que quixera realizar cambios nas redaccións e no contido do Convenio, debíase convocar a mesa paritaria do convenio, cas partes asinantes do acordo (SIT-FSI, UGT, CCOO, CIG), pero nunca para realizar un descolgue salarial.Ao mesmo tempo, consideramos qué, en toda a negociación non se actuou nin se negociou de boa fe por parte da Dirección da Empresa dende un inicio, polos feitos antes descritos. A pesar de que a CUT non é o sindicato máis representativo nesta mesa de negociación, cando menos por parte da Dirección da Empresa se debe garantir que os que formen parte da mesa, o fagan en igualdade de condicións que os demais membros ou Seccións Sindicais con representación, e dentro da legalidade vixente, feito este que non sucedeu o non constituírse o novo Comité de Empresa de urxencia tal e como solicitabamos, incluso por escrito.Incidimos e reiteramos en que consideramos se negociou de mala fe, se cabe con maior gravidade o intentar vulnerar tamén o noso xuízo,  un dereito fundamental baixo a coacción e o medo, como e o exercicio do Dereito de Folga, con diferentes comunicados repartidos entre a plantilla fomentando o medo os/as traballadores/as que decidiran participar na mesma, ante as medidas pretendidas pola Empresa, e trala convocatoria Legal de Folga realizada pola CUT, avisando que de asistir podían ser sancionados disciplinaríamente.Esta ferramenta forma parte tamén, das negociacións para a defensa dos intereses lexítimos dos/as traballadores/as da planta, ante a ofensiva ou a CHANTAXE presentada pola Dirección da Empresa dende o inicio, que non era outro que rebaixar salarios e condicións laborais para poder acadar o K9 sen un compromiso claro e firme, que a día de hoxe non existe o non garantirse o emprego actual, xa que non o queren recoller no acordo que se asine..En base o anteriormente exposto, consideramos que a pesares que algunha Sección Sindical decida darlle o visto bo o acordo final, a CUT buscara unha alianza cas demais centrais sindicais con presenza na mesa, que de así consideralo se sumen a  recorrer ante a xurisdición social o acordo, para así iniciar a pertinente impugnación do acordo en base os polos feitos antes descritos, non desbotando incluso a posibilidade da CONVOCATORIA DUNHA NOVA FOLGA, buscando unha alianza entre as demais centrais sindicais que decidan non asinar.Curioso é que o Alcalde de Vigo (Sr. Caballero), mande a policía Local de Vigo,  a protexer os representantes sindicais que van asinar un empobrecemento dos/as traballadores/as da fábrica de Citroën de Vigo, e non só da fábrica, senón que a súa vez tamén terá efecto na economía da Comarca de Vigo (a menos ingresos, menos gasto). Como no comercio, sector servizos, etc….
MALA FE NA NEGOCIACIÓN, INTENTO DE VULNERACIÓN DE DEREITO FUNDAMENTAL (FOLGA) MEDIANTE A COACCIÓN, UN REQUISITO QUE TAL E COMO ESTABLECE O REAL DECRETO 3/2012, DE CONSIDERARSE A SÚA EXISTENCIA POR UN MAXISTRADO, DARíA COMO RESULTADO QUE A NEGOCIACIÓN E O ACORDO QUEDARIAN SEN EFECTO.
Tamén denunciaremos a Dirección da Empresa ante a Inspección de Traballo, xa que unha vez pasado mes e medio das ultimas eleccións, a día de hoxe segue sen facilitarnos os medios para poder desenrolar o noso traballo sindical con total normalidade dentro da fabrica, en igualdade de condicións cas demais centrais sindicais, como pode ser facilitarnos un local para a Sección Sindical, tal e como si teñen as demais centrais sindicais, marxinando conscientemente a CUT como represalia pola Convocatoria de Folga e por elevar o nivel de conflitividade social na fabrica, que non se producía dende fai 27 anos que foi a ultima vez que se celebrou a ultima folga nesta fabrica por motivos laborais.