CUT-Citroën denuncia presións da empresa

CUT-Citroën denuncia presións da empresa

14

A CUT aprazou a convocatoria de Folga Legal deste Xoves día 6, ata o vindeiro Martes día 11 de Novembro, co mesmo carácter indefinido e por horas, nun intento de buscar unha maior a unidade sindical, e coñecer mais polo miúdo as novas medidas pretendidas pola Dirección da Empresa, a cal a día de hoxe non convocou a Mesa Negociadora.A CUT formalizou a súa convocatoria o pasado Venres día 31, dándolle traslado as partes (Administración-Empresa) deste feito, cumprindo cos prazos Legais establecidos a este respecto.O pasado Martes día 4 de Novembro a Dirección da Empresa nunha nota informativa sen precedentes repartida pola xerarquía da fabrica a plantilla, cuestiona a legalidade da Folga Legal convocada pola CUT, en base non so a súa representatividade (entenden que un sindicato minoritario non pode convocar), senón a unha votación que se celebrou o día anterior (3 de Novembro) na constitución formal do Comité, despois do resultado das pasadas eleccións do 3 de Outubro. Ese mesmo día sen figurar na orde do dia, as Seccións Sindicais presentes se pronunciaron en contra da Folga Legal nese momento, e solicitouse votar, e con 29 votos en contra (SIT-FSI, UGT, CC.OO, CIG) e 2 a favor (CUT), O Comité de Empresa remitiu unha nota os/as traballadores/as da planta para que coñeceran o acontecido. (axuntase nota). Os membros actuais do Comité son 33, pero faltaban 2 persoas.Nunha votación que nos sorprende cando menos que a CIG votara en contra, cando na súa notas e incluso a súa Asemblea de afiliados/as pide unha Folga Indefinida polo total da xornada, co condicionante de intentar buscar unha alianza sindical, da cal a CUT esta disposta a formar con todos os que se queiran sumar.No desenrolo da Reunión do Comité e unha vez rematada a votación, diante dos presentes FIXEMOS UN CHAMAMENTO AO TERSE VOTADO EN CONTRA DA FOLGA, E COMO ALTERNATIVA A MESMA: BUSCAR UNHA UNIDADE SINDICAL ANTE OS RECORTES QUE TIÑAMOS ENRIBA DA MESA, invitamos a sentarse os Secretarios de cada Sección Sindical conxuntamente buscando unha unidade de acción e sindical conxunta alternativa a Folga. Unha proposta que non foi considerada, ante o silencio de todos os/as presentes.(A CUT isto dende a primeira reunión da comisión negociadora a pesar de non formar parte da mesa, intentou buscar unha unidade de acción e sindical, que tampouco foi respostada polos sindicatos de clase, aínda que somos conscientes que ai outros que non a queren, para ter vía libre e non ter as mans atadas, para poder asinar finalmente un acordo ca Empresa).  Non só nos sorprende a postura acadada pola CIG, senón incluso por CC.OO e UGT, as súas respectivas asembleas piden os seus representantes avogar por unha unidade de acción e sindical ante estes recortes, convocando CCOO incluso o Domingo unha manifestación pola industria de Vigo, invitando a UXT e CIG sen contar neste caso coa CUT, xa que non fomos convidados.O noso entender, a nota informativa repartida pola Dirección da Empresa, non so cuestiona un Dereito Fundamental recollido na Constitución, senón da Lei Orgánica de Liberdade Sindical, que incluso o noso xuízo e un intento de coaccionar e condicionar un Dereito, que non e outro que o Dereito do Exercicio da Folga Legal, como ferramenta dos traballadores/as na defensa dos seus intereses, e ante a advertencia de que a participación activa nunha Folga que consideran Ilegal, e ilícito laboral sancionable, a empresa busca a desmobilización a través da ameaza.A CUT vai denunciar a Dirección da Empresa antes os organismos competentes (Autoridade Laboral, Fiscalía, etc.) (remitimos copia nota informativa adxunta), ante o que nós entendemos e un atropelo os dereitos dos/as traballadores/as, igual que o de rebaixar o noso salario.
– A CUT non aceptara ningún recorte social ou salarial neste centro de traballo.– A Sección Sindical da CUT participara na manifestación das Marchas da Dignidade de Vigo, as 20 horas dende a praza de Fernando o Católico en Vigo, cunha pancarta propia e un eslogan que fai referencia ao que acontece en Citroën.– A vindeira xuntanza da Comisión Negociadora será mañá ás 12horas.
Mail contacto: galizavitor@gmail.comTlf. 605830802