Comunicado da CUT perante a situación en Citroën

Comunicado da CUT perante a situación en Citroën

6

 

A CUT non descansa en buscar medidas que poidan ofrecer alternativas reais os recortes salariais presentados pola Dirección da Empresa da planta de PSA Vigo. A pesar da parada na actividade produtiva esta semana na fabrica de PSA Vigo, por motivos de axustes de Stocks, ou a denominada (Parada de Grupo). No día de onte, os dous membros do Comité de Empresa que saíron escollidos nas pasadas eleccións, así como o Delegado Sindical da CUT, acudiron o parlamento de Galicia para manter unha xuntanza co grupo de AGE (Alternativa Galega de Esquerdas), no cal contou ca presenza de Chelo Martinez, que recibiu no nome de AGE os/as traballadores/as e representantes sindicais da planta. Na sala do grupo tamén estibo presente Iolanda Veloso e Xosé Manuel Beiras, que por motivos do pleno que se estaba celebrando nese intre, non puideron participar na xuntanza.
A preocupación da CUT e crear unha mesa de Sector, onde este representados todos os organismos a nivel Galego do Sector do Automóbil, así como as diferentes administracións publicas, e representantes sociais, para buscar alternativas reais e de futuro os novos retos da planta de Vigo, e buscar medidas de competitividade alternativas os recortes salariais. Nos últimos anos a fabrica de Vigo ten recibido innumerables subvencións dende a administración publica, que segundo o Consello de Contas da Xunta, no ano 2012 percibiu un total de 60 millóns de Euros, sen un compromiso de mantemento de emprego, ou de inversións para novos modelos. Consideramos que non se deben inxectar axudas publicas sen control, que non garanten un compromiso da planta en manter o emprego e condicións de calidade, que afiancen novos modelos. Sendo utilizadas para a destrución de emprego (externalización) e investimentos noutros países.
Pola contra, o Goberno Francés tras inxectar axudas publicas o Grupo PSA, as diferentes administracións e representantes sociais, garantiron o mantemento do Emprego e do poder adquisitivo dos traballadores/as para os vindeiros anos a ata 2016, cun lanzamento dun vehículo novo por ano, en cada planta do pais veciño, e aumento da capacidade produtiva en dito pais de 900.000 veh a 1.000.000 vehículos ano. Cando menos incongruente ca redución de costes que se pretende na planta de Vigo, sendo a mais rendible do Grupo e de Europa na automóbil en relación (Traballadores/as- Costes por vehículo).
Dende a CUT consideramos que ditas medidas son insultantes de cara os/as traballadores/as da planta de Vigo, que durante estes anos levan feito moitos sacrificios en materia de redución de custes laborais, con perda de poder adquisitivo, así como en materia de flexibilidade laboral. Estes recortes consideramos que tamén afectaran as auxiliares ante a premisa do Presidente do Grupo (Sr. Tavares), onde insta a aumentar a adquisición de pezas de provedores en países de baixo coste aumentando a compra do 20% o 40% do total das pezas do vehículo.
Esta rebaixa salarial, non só vai mermar o poder adquisitivo dos/as traballadores/as da planta de Vigo, senón incluso terá afectación na Comarca de Vigo e na súa bisbarra, como no sector do Comercio, Servicios, Ocio, etc…..a menos ingreso menos gasto. Estas medidas non axudaran a reactivar a Economía da Comarca, así como tamén reducira os ingresos das administracións publicas.
Estanse a súa vez manténdose contactos cas diferentes Seccións Sindicais con presenza no Comité neste centro de traballo, para iniciar accións conxuntas se o vindeiro Luns a Empresa non retira todas as medidas de enriba da mesa. A CUT non aceptara ningunha das medidas propostas pola Dirección para a adxudicación do K9.
Esta semana a CUT, ten previsto no suposto que non exista unha unidade sindical neste centro, presentar en solitario se fai falla ante a Autoridade Laboral e ante a Empresa, unha convocatoria de Folga a realizar por horas, e en todas as quendas de traballo. A medida adoptar de inicio e de 2 horas por cada quenda de traballo, que aínda están por definir a distribución. Seria unha folga por horas e indefinida no tempo.

Mail: galizavitor@gmail.com Tlf contacto: 605830802 Vitor.