29N, o Secretariado Nacional da CUT acorda impulsar o “Ocupa o Obradoiro”

29N, o Secretariado Nacional da CUT acorda impulsar o “Ocupa o Obradoiro”

10

Reunido en Compostela ó Secretariado Nacional da CUT. O máximo organismo de dirección do sindicato, acordou facer un chamamento a toda afiliación e todas as comarcas para impulsar o traballo de mobilización para o Ocupa o Obradoiro, do vindeiro 29 de novembro.Nese sentido acordouse apoiar sen paliativos as pautas establecidas pola Coordinadora Galega das Marchas da Dignidade. Se cabe, para CUT cobra especial importancia as manifestacións co lema “Camiñando ó 29-N” que se celebrarán nas sete cidades galegas o día 6 de novembro.A CUT segue entendendo que a unidade obreira e popular é imprescindible nesta conxuntura histórica, en que o neoliberalismo está a laminar os dereitos máis elementais da clase traballadora.