Todo flúe, a Folga permanece

Todo flúe, a Folga permanece

14

Dende a sección sindical de URBASER REDONDELA, saúdamos e nos alegramos da fin da folga mantida polos nosos compañeiros/as en Lugo. Máis que facer un balance económico de perdidas e ganancias, queremos subliñar algúns aspectos que nos parecen importantes a ter en conta e que igual escapan na primeira analise.
UN ANTES E UN DESPOIS.
Apreciar que en Lugo antes reinaba “calma chicha”, e completamente obxectivo sabendo que nunca houbera ningún conflito serio, dos poucos centros de traballo de URBASER que nunca chegaran á folga.
Neste estado, a acción sindical soe trocarse polo intercambio de colantes, é dicir, pactos, acordos, bo rollo, nula correlación de forzas, xustificacións e perdida paulatina de capacidade de acción, que soe traducirse en forza e estabilidade para unha empresa que se caracteriza pola súa obsesión controladora, avaricia desmedida e trato prepotente.
Con estes precedentes, é moi fácil entender por que elixiron Lugo para sementar o terror de auga fría, para escarmentar e sentar precedentes, non só para Lugo senón para o resto dos centros de traballo, de Galiza e do estado español.
Pois é sabido que URBASER leva tempo buscando fórmulas que limiten a capacidade de presión dos traballadores/as do lixo.
MAIS CON ESTE MACABRO PLAN DA EMPRESA E COA NECESARIA CONIVENCIA DO CONCELLO (neste caso foi esaxerada será que Orozco non se vai presentar máis a alcalde?) TAMPOUCO SE SAÍRON COA SÚA. POLA CONTRA :
HOXE OS TRABALLADORES/AS DE URBASER LUGO, RECUPERAN A CONCIENCIA DE CLASE, PECHAN UNHA FOLGA PERO, XAMAIS PECHARAN O CONFLITO.
TEMOS MOI CLARO QUEN PERDE E QUEN GAÑA NISTO.
Apuntamos tamén que no acordo asinado se conseguiu dobregar a empresa por unha banda nas contratacións, algo que, os que coñecemos a empresa sabemos que lles doe especialmente, isto tradúcese en que terán que ter en conta os criterios dos traballadores/as asumindo a partir de xa a PROMOCIÓN INTERNA e por outra parte, a súa pretensión de remover todo o convenio ficou en nada.
Para rematar agradecemos moito a comunicación fluída con estes compañeiros/as, relación que o partir de agora o igual que a paga extra, ou mellor dito en moita maior medida queda CONSOLIDADA.
MOITOS PARABÉNS E UN SAÚDO DE CLASE.
NOTA: FALAR DOS ESQUIROIS, (XENTIÑA COACCIONADA, UTILIZADA, QUE NALGÚNS CASOS LLES MENTIRON, NOUTROS NON QUIXERON PERDER A SÚA CONDICIÓN NO RANQUING DE PELOTAS E NOUTROS A IGNORANCIA É ATREVIDA.) CHEGADOS DE DISTINTOS SITIOS DO PAÍS E ESTADO, NON PAGA A PENA, SÓ DICIRLLES QUE ELES CHEGARON E BUSCARON, QUE NON SE PREOCUPEN, XA ATOPARAN. (As cousas son así, veñen cando menos as esperas).

O título da nova provén dun poema de Xabier Cordal