Dous anos de loita en Cangas

Dous anos de loita en Cangas

12

Unhas cincocentas persoas saíron ás rúas o pasado venres, a pesar da chuvia, para celebrar os dous anos de mobilizacións semanais no Morrazo.Ás peticións habituais de “Pan, traballo e teito”, que vertebran as Marchas da Dignidade, sumáronse as consignas en favor de Palestina e contra o xenocidio que está a sufrir o pobo palestiniano a mans do exército de Israel.