De indultos e represión sindical

De indultos e represión sindical

6

As corporacións sindicais fixeron unha convocatoria fronte a represión sindical. Catro galeg@s poden ingresar en prisión por ter participado nun piquete informativo durante unha folga, exercendo un dereito recoñecido pola propia Constitución española. Algunhas voces afirman que a única solución para evitar o cárcere é a concesión do indulto polo Goberno. Ao memo tempo, fai tres días a concesionaria Urbaser no Concello de Lugo despediu o Comité de Folga e sancionou sesenta e seis traballador@s folguistas.
Resulta evidente que ningún estes feitos gardan relación entre si, que forman parte do mesmo relato. É tamén obvio que aquí hai algo que non cadra, e conviría facer un pequeno esforzo imaxinativo para que as árbores nos permitan ver o bosque. A situación é dramática e o cancro da represión sindical xa non se cura con parches, dígase indulto, tampouco con escenificacións puntuais de xestos benevolentes cara á clase obreira.
É necesario afrontar con honestidade e contundencia a conxuntura represiva impulsada polo goberno da Patronal, e isto, evidentemente non supón renegar de calquera vía con tal de evitar a entrada na cadea de calquera traballador@, dígase o indulto, pero de quedarmos aí estaríamos comprometendo gravemente o noso futuro sindical, dito noutras palabras, a existencia mesma do sindicalismo de clase.
O réxime saido da reforma franquista, unha vez asegurada a súa estabilidade, sempre co apoio das corporacións sindicais asinantes dos Pactos da Moncloa, deseñou toda unha batería de medidas pautadas para cortarlle as ás ao movemento obreiro. E desde a chegada da estafa chamada crise a vocación represiva fascistoide foi en aumento como como un xeito de esconxurar os perigos de insubmisión e revolta obreira e popular.
O deseño represivo, antes do PSOE e agora do PP, é unhas veces descarado a través da intervención policial, pero as máis das veces é máis sutil, pero está sempre aí, é permanente e impuxérono para ficar entre nós. As distintas reformas do Código Penal, da chamada Lei de Seguridade Cidadá tiveron e teñen un único obxectivo: maniatar a clase traballadora e a tod@ aquel ou aquela que ouse enfrontarse á orde establecida.
Podemos perdernos en análises sesudas e pseudo xurídicas ou legais sobre a materia, pero a equiparación do dereito teórico de Folga ó “dereito ó traballo” na lexislación española, vén a suponer de maneira palmaria, a prohibición do primeiro e a legalización e protección do exercicio da esquirolaxe. Isto, sumado ás reformas devanditas, supón o escenario perfecto para o traballo da policía, os Gobernadores Civís e os xuíces.
No artigo 135.3 do Código Penal pódese ler que é delicto contra o dereito dos traballadores a actuación dun piquete de Folga, pero non é delicto o despedimento masivo, a chantaxe patronal, o impago deliverado dos salarios. É a regresión a escenarios laborais de fai un século. A represión sindical, o Código Civil, a Lei de Seguridade Cidadá,…, só é posible cambialas coa mobilización masiva e decidida fronte o Réxime.
No estado español hai máis de catrocentos traballador@s encausados por participar en folgas, catro deles son galegos. E catrocentos represaliados por intervir nos piquetes nas folgas, non son motivo abondo para convocar unha Folga Xeral?