Concentración en solidariedade cos traballadores de Urbaser-Lugo

Concentración en solidariedade cos traballadores de Urbaser-Lugo

14

No dia de onte tivo lugar en Redondela unha concentración dos traballadores de Urbaser da bisbarra co fin de manifestar a súa solidariedade cos compañeiros desta mesma empresa de Lugo que veñen de ser despedidos pola dirección da empresa nunha práctica que só podemos considerar como terrorismo patronal. Así mesmo, os traballadores de Urbaser da Bisabarra quixeron facer público o seguinte comunicado:Queremos agradecer o apoio de todas as persoas traballadoras de Urbaser Redondela, Urbaser Marín, Urbaser Soutomaior, Urbaser Compostela, Cespa Nigrán, Cespa Pontevedra e a xente doutros sectores laborais que se achegaron dun xeito altruísta este luns 30 de xuño a manifestar a súa solidariedade co persoal de URBASER LUGO en FOLGA!!Así mesmo, queremos estender o noso agradecemento a todos aqueles familiares, amigos, sindicatos, asociacións veciñais e colectivos que nos manifestaron a súa axuda incondicional, así como as mostras de solidariedade recibidas a través das redes sociais.Entendemos logo disto, que abrimos diálogo entre traballadores e traballadoras doutros centros e sectores empresariais distintos para pór en marcha un novo xeito de ver e afrontar os conflitos existentes e os vindeiros entre todos e todas nós baseado na solidariedade obreira.