Este martes, protesta en Faurecia Asientos de Galicia

Este martes, protesta en Faurecia Asientos de Galicia

17

Segue a empresa no empeño de levar ao fracaso as negociacións introducindo coma eixo da súa proposta as categorías de entrada con salarios inferiores en iguales postos de traballo, e mudando os contratos de 8 a seis horas con disponibilidade horaria para a quenda que sexa (é dicir, estar ao servicio da empresa e gañando menos).

O comité non tragará, e en acordo coas asembleas de traballadores e traballadoras convoca concentracións para o martes día 1 de xullo nas portas da factoría de 13:30 a 14:30 horas e de 21:30 a 22 horas. Así mesmo convocará folga indefinida no caso de que a empresa non mude a súa actitude.