Os traballadores de Urbaser-Redondela solidarízanse cos de Urbaser-Lugo

Os traballadores de Urbaser-Redondela solidarízanse cos de Urbaser-Lugo

9

Os traballadores da recollida do lixo do Concello de Redondela, adscritos a empresa URBASER, queren manifestar o seu apoio ás xustas reivindicacións dos compañeiros/as de Lugo, en folga indefinida en demanda dun convenio digno.

 Condenamos a actitude da empresa, que despediu o primeiro día de folga a 12 compañeiros e compañeiras e denunciamos que se trata dunha estratexia para amedrentar e logo negociar con eses despedimentos,ao conxunto do persoal para que asuma sen protestar os recortes que pretende impor. Sabemos do que falamos pois vivimos unha situacción similar no 2007, cando a empresa pretendía que fixeramos uns servizos minimos que nos vimos obrigados a denunciar e finalmente incumprir, feito que aproveitou a empresa para despedir a todos os que estabamos en folga. Dende Redondela queremos tamén denunciar a pretensión de Urbaser de maximizar os seus beneficios a custo de recortar os nosos dereitos como traballadoras/es, así como tamén os políticos de quenda por pretender lavarse as mans, cando son os maximos responsables do servizo, asemade de ser os que asinan contratos con este tipo de empresas, que lideran o ranquing no canto dos conflictos laborais. Estamos con vós, o voso conflicto tamén e noso, polo que vos enviamos un saúdo e moita forza ter en conta o que eles sempre teñen , é decir, finalmente non só se trata do voso convenio, tratase de crear ou non precedentes.  ANIMO! Alberto Covelo Lago, delegado sindical,en representación do colectivo de traballadores de URBASER REDONDELA