Novas da ofensiva contra o ensino público

Novas da ofensiva contra o ensino público

15

A LOMCE, Lei Wert do PP para o Ensino, xa estableceu as bases: un ensino antigalego, favorecedor da privada, polo tanto privatizador e ao servizo do mercado, desmantelador do ensino público, selectivo, polo tanto contrario á igualdade de oportunidades, confesional-católico, é decir, contrario ao laicismo, un ensino autoritario, segregador…As novas que nos chegan non fan máis que confirmar o camiño emprendido polos actuais xestores da Educación a nivel estatal e autonómico.Vimos de ter noticia da apertura de expediente de apercibimento contra unha mestra do CRA. Picaraña en Ponteareas por non ter participado nas actividades de Nadal. Cada vez máis lonxe do que loxicamente sería un Ensino laico.Lembramos o expediente de revogación do cargo contra o director do IES da Illa de Arousa, como castigo contra as medidas levadas adiante pola comunidade escolar dese centro en protesta polos recortes. Agora chéganos a información da apertura, neste caso por parte da dirección, dun expediente sancionador contra un alumno do IES. Breamo en Pontedeume, ao terse solidarizado cos encausados en relación á manifestación de Galicia bilingüe. A autoridade non permite a protesta, non permite a solidariedade, non permite a defensa do idioma.A Orde da Consellería de Educación da Xunta pola que se convoca Concurso de méritos para o nomeamento das Direccións dos centros, na liña, por suposto, da Lei Wert, introduce, de regreso ao franquismo, o dedazo na xestión dos centros educativos públicos. Direccións dóciles, antidemocráticas, con máis poderes, por enriba do resto da comunidade educativa.Un chanzo máis neste proceso o marca o Proxecto de Decreto do Currículo de Educación Primaria en Galicia. No currículo aos cativos introdúceselles nas reválidas, en aplicación da LOMCE, e previamente serán formados, según eses contidos, no espírito emprendedor, empresarial… adoctrínaselles sobre os valores da monarquía española, ignorando aspectos da historia como a Guerra Civil ou os contidos dunha educación afectivo-sexual. Sabemos o que importa para o sistema. Se cadra, despois de ter que pagar polos libros de texto, ben podían incluír a futura tarxeta do paro ou a maleta de emigrante.Non hai que ser moi profeta para augurar un negro futuro no que ten a ver coa Formación Profesional. A supresión do programa PCPI, pasando este a formar parte da FP. Básica, pero sen dotación, sen centros, sen oferta de familias profesionais… afecta, sobre todo, ao alumnado con maiores dificultades, sociais, económicas… Engadamos a isto o trasvase ou regalo anual da Formación Profesional á rede privada.Por último e de momento, despois de blindar os concertos, ou sexa o agasallo de cartos públicos, aos centros que segregan ao alumnado por sexo, centros maioritariamente do Opus, o ministro Wert anuncia o copago para os tramos do Ensino non obrigatorio.Queda claro que hai que paralos, tamén en defensa do Ensino Público.

M.L.Besteiro.