Xornada de formación con Xaime Cabeza

Xornada de formación con Xaime Cabeza

18

O pasado sábado tivo lugar en Vigo unha xornada de formación sindical impartida polo profesor de dereito do traballo da Universidade de Vigo, Xaime Cabeza, organizada pola sección sindical da CUT-Citroën.Na súa conferencia, o profesor Xaime Cabeza pasou revista ás diversas reformas laborais que veñen poñendo en práctica os distintos gobernos do estado español nos últimos vinte anos. O profesor Cabeza diferenciou entre aquelas reformas pactadas cos axentes sociais, como a do 94, e aqueloutras impostas de xeito unilateral polo goberno a partir das esixencias da Patronal, como a do 2012 imposta polo goberno de Rajoy.Entre as consecuencias desta última reforma laboral, o profesor cabeza salientou a perda de importancia dos convenios de sector a favor dos de empresa, o que supón un cambio de paradigma importante nas relacións laborais entre patrón e traballador que o sindicalismo debe ter en conta. Nomeadamente, esta reforma, que supón unha maior fragmentación da clase traballadora, dota de máis poder de negociación á Patronal, que poderá obrigar aos traballadores a aceptar convenios laborais en condicións peores ca os do sector.Xaime Cabeza foi crítico tamén co concepto de flexibilidade que vén sendo empregado desde os anos noventa como principal argumento á hora de xustificar a perda de dereitos laborais dos traballadores, e propuxo o de flexiseguirade, no que as cesión dos traballadores en materia de protección laboral, son compensados por unha maior cobertura pública en caso de desemprego.Outro dos temas tratados foi o de corresponsabilidade, segundo o cal, os sindicatos pactarían a suba de salarios poñéndoa en relación co índice de produtividade, é dicir, cos beneficios da empresa. Este aspecto foi un dos máis debatidos no faladoiro posterior á charla do profesor Cabeza, pois para moitos dos traballadores e delegados sindicais da CUT as empresas son contrarias a compartiren os seus datos económicos, cando non a entregar contas falsificadas.O acto, celebrado no museo Verbum de Vigo, contou cunha grande asistencia de traballadores da CUT e de sindicatos afíns.Nesta ligazón pódese acceder a unha galería de imaxes do faladoiro.