Radiografía do desemprego II: Un de cada tres parados leva mais de...

Radiografía do desemprego II: Un de cada tres parados leva mais de 2 anos buscando emprego

6

A EPA do 1º trimestre mostra a grande dificultade para atopar emprego en Galicia. O paro de moi longa duración vai gañando espazo nas estatísticas. Na actualidade, 109.000 parados levan mais de 2 anos buscando un posto de traballo. O que representa o 37% do total de desempregados, cifra moi superior ao 13% do mesmo trimestre do 2009.

Pola contra, hai cinco anos, mais da metade dos desempregados declaraban estar buscando emprego dende un período inferior aos 6 meses. Agora, esta categoría redúcese a un 23% posto que preto do 60% levan mais dun ano buscando activamente un emprego.Ao final, o emprego que se atopa, como indican as estatísticas de paro rexistrado de abril, é maioritariamente temporal, retribucións míseras con contratos parciais e asociados ao carácter estacional de actividades coma o turismo. Pura explotación.