Xornada de formación da CUT-Citroën

Xornada de formación da CUT-Citroën

9

O vindeiro sábado 24 de marzo, ás 12h, a sección sindical da CUT en Citroën organiza no Verbum de Vigo (Avenida de Samil, 17) unha xornada de formación arredor da reforma laboral.O catedrático de dereito do Traballo e Seguiridade Social da Universidade de Vigo, Xaime Cabeza Pereira será o encargado de impartir a conferencia na que analizará os aspectos máis relevantes da reforma da lexislación laboral que vén de aprobar o goberno da Patronal.Serán debullados polo miúdo aspectos referentes aos cambios na xornada laboral, nas modalidades de contratación, nos salarios ou o papel das ETTs. Posteriormente terá lugar unha charla coloquio na que os assitentes poderán debater os aspectos máis relevantes da nova lei do traballo.O convite a este acto pódese descargar aquí. [PDF]