En abril, 100 mil desempregados mais ca hai 8 anos

En abril, 100 mil desempregados mais ca hai 8 anos

10

O paro rexistrado en abril nas oficinas do INEM de Galicia acada a cifra de 270.144 persoas (130.746 homes e 139.398 mulleres). Supón un descenso de 6.319 respecto ao mes de marzo. Pero, xa ninguén se lembra das cifras, de por si elevadas, de hai 8 anos, no 2006, cando o paro neste mes sumaba 170.332 persoas. É dicir estamos en preto de 100 mil persoas desempregadas mais. Esa é a realidade concreta de moitas mulleres e homes que queren traballar e non atopan emprego.

Os servizos destacan polo número de desempregados, un total de 162.812 persoas. Seguidas de lonxe pola construción con 38.616 parados e a industria con 37.784. Por provincias, A Coruña ten na actualidade 106.056 parados rexistrados, Pontevedra 107.690, Ourense 29.382 e Lugo 27.016.Segundo os datos publicados hoxe polo Ministerio de Emprego, asináronse en Galicia 57.854 contratos, dos que só o 9,8% son indefinidos (5.678 contratos) e os restantes, 52.176, son temporais. Aí a radiografía do que está a acontecer no mercado laboral, da temporalidade e o marcado carácter estacional destas cifras de desemprego.Por último, a contía media da prestación contributiva en Galicia son 781,5 euros/mes, moi por debaixo dos 918,6 euros de Euskadi e os 869,2 euros de Cataluña.