Valoración do Primeiro de Maio

Valoración do Primeiro de Maio

7

O pasado 1º de Maio a clase traballadora galega volveu inzar as rúas das nosas principais cidades para protestar contra as políticas antiobreiras da Troika, de Madrid e da Xunta de Galicia que están condenando á maior parte da poboación galega á precariedade, o paro e a emigración.A CUT participou nestas manifestacións en clave de unidade popular, xunto con outras organizacións sindicais e movementos sociais que formaron parte das Marchas da Dignidade que o pasado 22 de Marzo amosaron en Madrid constituíren a única alternativa ao entreguismo pactista garante da paz social das grandes centrais sindicais.Neste sentido, a nosa valoración das distintas manifestacións é moi positiva. Valoramos tanto o aumento de afluencia, como a integración nas mesmas de sectores e entidades representativas da resposta cidadá ás políticas antipopulares do goberno. Estes dous factores amosan que a nosa loita está encamiñada na mellor das direccións posibles: na da acumulación de forzas en clave anticapitalista, na da aposta decidida pola ruptura co actual sistema opresivo favorable unicamente aos intereses do gran capital financeiro.Na CUT somos conscientes tamén de que a nosa actuación ten que distinguirse no discurso e na praxe do mero presencialismo testesmuñal que para os grandes sindicatos pactistas representa o Primeiro de Maio. E así foi, o lema “Pan, traballo e teito” resume, do mellor xeito posible, a urxencia da loita da clase obreira galega, que é unha loita pola supervivencia.Viva o 1º de Maio!Viva a loita obreira!Nesta ligazón podes acceder ao discurso do noso secretario xeral, Manolo Camaño, o 1º de Maio en Cangas.