1º de maio: Unir as loitas pola dignidade

1º de maio: Unir as loitas pola dignidade

14

Asistimos e sufrimos, xa non con tanto silencio, tempos convulsos para a clase traballadora: o mundo financeiro goberna coa súa fulminante man de ferro manchada de sangue obreiro e nós estamos a pagar ben caro a Restauración Borbónica, o pacto social e a traizón sindical.

Cando os bancos moven números, a xente perde as súas casas, as súas aulas, as súas menciñas,o sustento, a saúde… o seu traballo. Cando a igrexa predica, agocha pedófilos, secuestra úteros e ventres, e practica unha caza de bruxas sen piedade suliñando o chamado “pánico moral”.Cando o estado lexisla, o policía tira da súa forza máis brutal sancionando e reprimindo aos máis débiles, os cárceres atéiganse cada día máis e os nosos dereitos, conquistados a base de suor e morte, son liquidados a golpe de decreto e concertación.
Mais, aínda que semellen discursos diferentes, todos falan a mesma linguaxe: neoliberalismo no económico e fascismo no político. Son os intereses dun puñado de burgueses os que crean a miseria das sen pan; os xogos duns poucos oligarcas son os que instauran a fame dos sen terra; as risas dos capitalistas contra a desesperación das ninguén.
E a clase obreira debe resistir. A clase traballadora temos que sumar para defendernos. Somos máis, somos maioría. A nosa obriga é loitar e combater, ser xenerosos entre nós, e vencer o medo, mantendo unha movilización permanente e sostida no tempo.

Onte, coma hoxe, as traballadoras e traballadores de todo o mundo, e da Galiza en particular, voltamos saír á rúa neste Primeiro de Maio sumando forzas, nunha unión do sindicalismo alternativo, de clase e combativo, amosando que as clases populares non nos resignamos á farsa das corporacións sindicais que deron vida ós Pactos da Moncloa. A unidade obreira e popular é imprescindible para facerlle fronte a conxuntura que sofrimos. Chegamos a un punto en que só temos dúas saídas; ou a conquista da xustiza social ou barbarie.

O Primero de Maio non é unha festa. Non é unha efemérides calquera para lavar a cara e xustificar a traizón e a ineficacia sindical. Este Primeiro de Maio é o berro de dor e dignidade das explotadas e explotados; é un acto de Memoria Histórica das traballadoras e traballadores conconciencia de clase.

Polo reparto do traballo e da riqueza:. Redución da xornada laboral, sen redución de salario.. A igual traballo igual salario.. Prohibición das horas extras, destaxos e pluriemprego.. Adianto da idade de xubilación.. Participación dos traballadores dentro da empresa: dereito á negociación dos traballadores en asembleas e seccións sindicais.. Eliminación da polivalencia e mobilidades funcional e xeográfica.. Prohibición das ETTs. Potenciación das economías locais e creación de redes de economía social alternativa e autoxestionada para a planificación social deste desenvolvemento territorial.. Eliminación da actual lexislación laboral herdada das distintas Reformas laborais.

VIVA O PRIMEIRO DE MAIO!(MANIFESTO UNITARIO DO SINDICALISMO ALTERNATIVO E DE CLASE)O horario das manifestacións é o seguinte:VIGO 11,00 HS. PZA FDO O CATÓLICOCANGAS 17,30 HS. ALAMEDACOMPOS 12,30 HS. PORTA DO CAMIÑOA CORUÑA 12,30 HS. PZA PONTEVEDRA