Un novo espazo liberado en Compostela

Un novo espazo liberado en Compostela

12

CSOA Escarnio e Maldicer. Este é o nome do novo espazo libre autoxestionado que celebrou a súa apertura na cidade de Compostela durante mes de abril no histórico edificio da Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos, na rúa Algalia d’Arriba.

As veciñas e veciños da cidade que levan dúas semanas en tarefas de restauración e limpeza deste Centro Social denuncian que “mentres tiran os cartos en mausoleos como a Cidade da Cultura nós queremos traer a cultura á cidade, cultura libre e para todas”.“Mentres as elites privilexiadas de Compostela desfrutan dunha pomposa cultura elitista, ás escravas élles negado o dereito ao lecer: “ti es unha escrava, non se che perde nada no teatro, no cinema ou escoitando música, pasa a traballar!”, aseveran dende o colectivo.O edificio, á agarda da súa recalificación para un hipotético destino á actividade hoteleira, leva xa tempo amortizado nas mans da construtora La Rosaleda, ben coñecida na cidade pola nula querenza polos dereitos laborais do seu persoal. Fronte á ruína e ao esmorecemento do noso patrimonio local, a posta a disposición deste espazo para un uso aberto e popular onda a organización dun denso programa de actividades resultan unha boa nova para Compostela.A CUT que estivo man a man cos movemento sociais na loita contra a ordenanza de uso dos espazos públicos na iniciativa “A rúa é nosa” coñece de primeira man o proxecto do goberno compostelá da Pokemon de privatizar a cultura na cidade, impoñendo cánones e limitando sistematicamente o uso das rúas. Por iso parabeniza o nacemento desta nova iniciativa de reapropiación de espazos desexándolle mil primaveras máis e compartindo ese desexo de “dez, cen, mil centros sociais”.