A CUT esixe a liberación dos detidos hoxe en Santiago

A CUT esixe a liberación dos detidos hoxe en Santiago

5

A Central Unitaria de Traballadores/as esixe a inmediata posta en liberdade das seis persoas detidas no día de hoxe en Santiago de Compostela coa finalidade, unicamente, de criminalizar a lexítima resposta popular ás  políticas antiobreiras e regresivas do goberno do PP.
A manifestación masiva, popular e pacífica do pasado 22 de marzo é un factor que vén a agravar aínda máis a urxencia do Ministerio de Interior pola creación dun inimigo que presentar ante a opinión pública nun momento, ademais, no que, tralo proceso de paz unilateral en Euskadi, o estado español sofre unha forte escaseza de inimigos que lle ofrecer ao seu aparato mediático.Desde a CUT consideramos que esta campaña xigantesca de desinformación vén de vivir hoxe en Compostela un capítulo verdadeiramente delirante coa detención de seis mozos acusados de participaren nas pasadas protestas do sector do cerco nesa mesma cidade, e nas que non resultou detido un só mariñeiro.Por todas estas razóns, desde a CUT esiximos o cese inmediato do proceso de criminalización da xuventude obreira galega máis consciente, e reclamamos, unha vez máis, a liberación inmediata dos seis detidos hoxe en Santiago.

Executiva Nacional da CUT, 7 de marzo de 2014.