Non máis accidentes laborais!

Non máis accidentes laborais!

9

Hai que repetilo unha e outra vez: boa parte dos accidentes laborais poderían ser evitados se as empresas fornecesen os seus traballadores dos medios necesarios de prevención de riscos e seguridade.A prensa adoita dar noticia unicamente dos accidentes laborais con resultado de morte, pero todos os días danse noso país centos, milleiros de situacións no traballo que constitúen a medio prazo un verdadeiro atentado contra a saúde dos traballadores e traballadoras.Debido a unha política de aforro de custes, agravada pola crise, moitas empresas non fornecen os seus traballadores do equipamento axeitado para garantir a súa saúde laboral. Todos nós coñecemos o caso de sistemas de autoparado “puenteados”, material de prevención de riscos inexistente ou en mal estado, exposición continuada a sustancias tóxicas, falta do vestiario laboral axeitado, ou mesmo do botiquín. Todas estas situacións forman parte do noso día a día no eido laboral e estamos tan afeitos á súa carencia que nin tan sequera esiximos o noso dereito á seguridade a saúde no traballo. .Como xa dixemos, a chegada da crise provocou unha maior precarización aínda do traballo, non só desde o punto de vista psicolóxico, co aumento da temporalidade na contratación, o abaratamento do despedimento, a perda xeral de dereitos e o uso, expreso ou non, do alto índice de desemprego como unha ferramenta de presión ao servizo da Patronal. Tamén desde o punto de vista puramente físico, o material destinado á protección da nosa saúde e prevención de riscos cada vez é máis escaso, cando non inexistente, e está en peor estado.Esta situación non se estende de xeito uniforme por todos os sectores económicos, hai ramas, como a da construción, onde o índice de sinistralidade laboral é tradicionalmente moi alto, unha situación determinada non só polos condicionanteso imposibles de evitar (traballo en altura, no exterior, con materiais pesados e punzantes), senón tamén pola falta de inspección de Traballo e pola política de aforro de custes que deixa a seguridade dos/das traballadores/as sempre en segundo plano.Desde a CUT consideramos que moitos destes accidentes laborais son, en realidade, exemplos de violencia da patronal contra os traballadores, que non só son explotados economicamente, senón tamén fisicamente, ás veces mesmo ao prezo da súa vida.