A CUT súmase ás manifestacións en defensa da sanidade pública

A CUT súmase ás manifestacións en defensa da sanidade pública

11

En defensa do noso dereito a unha sanidade pública, universal, gratuíta e de calidade, a CUT apoia as manifestacións convocadas para o día de hoxe nas principais vilas e cidades do país.A receita do Capital para saír da crise inducida polas súas propias contradicións internas e apetito de lucro pasa por privatizar os servizos públicos como un xeito e rebaixar aínda máis a xa cativa presión fiscal, e tamén como un para diversificar as súas inversións, convertendo a nosa saúde nun negocio.Detrás desta operación están as aseguradoras privadas, moitas delas dependentes da gran banca, que son as primeiras beneficiarias desta privatización encuberta, así como as grandes farmacéuticas que pretenden expandir o seu negocio tamén cara á área de xestión hospitalaria, avanzando, paso a paso, cara a un modelo á americana fundado no darwinismo social.Desde a CUT consideramos que a saúde pública debe permanecer sempre baixo o control e administración directa do estado, encargado de velar un servizo universal, gratuíto e de calidade.