A CUT denuncia abusos laborais en Faurecia

A CUT denuncia abusos laborais en Faurecia

8

Coa escusa do aumento da produtividade, a empresa filial da Citroën, “Faurecia asientos de Galicia”, asentada en Vigo, puxo en práctica unha serie de medidas que supoñen un grave empeoramento nas condicións laborais da plantilla.Alarmas, avisos sonoros, aumento de presión aos traballadores, pésima ergonomía, exposición pública de faltas,… esta é a nova “política de empresa” que pretende aumentar a produtividade da empresa a costa da saúde dos traballadores, sometidos a unha presión constante, e un ambiente de tensión que afecta, de xeito directo, á súa saúde.Por suposto, a consulta deste tipo de trastornos da saúde na Mutua da empresa ten sempre o mesmo resultado: “trátase dunha doenza dexenerativa, non ten nada a ve co traballo, vaia ao seu médico de cabeceira”, e amosa, unha vez máis, a inutilidade para a clase obreira das institucións, creadas pola Patronal, encargadas de velar pola nosa seguridade e saúde nos centros de traballo.Por iso desde a CUT facemos un chamamento á mobilización como único xeito de reverter esta situación que está supoñendo unha grave lesión ao noso dereito a unhas condicións de traballo o máis saudable e hixiénicas posibles. Desde a CUT reclamamos tamén un posicionamento claro do resto de centrais sindicais con presenza no comité de empresa perante estes abusos.