Esgotadas as prazas do tren das Marchas

Esgotadas as prazas do tren das Marchas

5

Os dous trens contratados para acudir á Manifestación das Marchas da Dignidade do vindeiro 22 de marzo en Madrid xa teñen todas as prazas ocupadas.De feito, as peticións superaron todas as previsións e lamentablemente houbo quen non puido contratar a tempo a súa praza. En todo caso, este dato amosa a grande repercusión que están a ter no noso País as Marchas da Dignidade, malia o case total bloqueo informativo imposto desde os medios do sistema, e proba ademais a súa necesidade: o cambio social que ferve nas rúas quere abrollar tamén no corazón do estado español que ese día vivirá unha xornada de verdadeiro pulo revolucionario.A bandeira estrelada galega, xunto coa catalá e a vasca, brillará ese día en Madrid esixindo a ruptura co sistema emanado dos pactos da Moncloa, a Monarquía, a Paz Social e a unidade indisoluble do estado español.