A CUT condena a represións aos mariñeiros do cerco

A CUT condena a represións aos mariñeiros do cerco

12

Nesta fase da crise a loita de clases tórnase xa completamente aberta e sen camuflaxes. As imaxes de onte en Santiago das forzas represivas do estado español mallando nos mariñeiros galegos que defenden o seu dereito a un futuro digno e produtivo, amosan, ademais, o carácter nacional da loita da clase obreira galega, que para acadar a súa supervivencia ten que enfrontar tamén os atrancos impostos pola relación colonial do estado imperialista español.A negociación e reparto da cota da xarda pon de manifesto, unha vez máis e por se alguén aínda o dubidaba, o total desprezo do estado español respecto do futuro do noso país ao que seguen considerando, logo de séculos de explotación e sometemento, unha colonia á que desposuír dos seus recursos humanos e enerxéticos.Desde a CUT condenamos completamente a actuación de onte das forzas de ocupación do estado español, que non ten máis obxectivo que o de salvagardar os intereses do gran capital español mediante o exceso de violencia e a intimidación dos elementos máis afoutos e conscientes da clase obreira galega.Por iso declaramos: adiante a loita dos mariñeiros galegos!Viva a loita da clase obreira!