10 de marzo: Día da Clase Obreira Galega

10 de marzo: Día da Clase Obreira Galega

13

A CUT celebra este 10 de marzo, un ano máis, o Día da Clase Traballadora Galega para lembrarmos a morte durante as mobilizacións obreiras do ano 72 dos obreiros Amador e Daniel. Esta mobilización que tiña por obxectivo acadar un convenio xusto para os traballadores dos asteleiros de Ferrol, foi duramente reprimida pola policía franquista causando ademais das citadas mortes, centos de detidos e despedimentos de traballadores.Estas protestas atoparon rapidamente a solidariedade das e dos traballadores doutras cidades galegas como A Coruña, Compostela e Vigo e serviron ademais de precedente para que nese mesmo ano, en setembro se producise unha histórica folga de dúas semanas na cidade olívica.Malia a dura represión e os centos de despedimentos que freaban as expectativas da clase traballadora, as folgas de marzo e setembro non se poden considerar como unha derrota, pois destas folgas nacería o xerme dun sindicalismo de clase en clave nacional.Despois chegou a morte do ditador e a transición dunha ditadura a unha ditabranda, onde aquelas e aqueles que durante o franquismo dicían defender as e os traballadores acabaron traizoando a toda a clase traballadora a cambio do seu “postiño” dentro da engranaxe do réxime. A claudicación, a renuncia e o pactismo convertéronse na estratexia do sindicalismo oficial para desarmar a clase traballadora, esquecendo ou gardando nos calendarios as loitas que, como no caso de Amador e Daniel, procuraban un futuro mellor para todas e todos. E así nos foi.Esta nova crise está a servir de escusa ao capital para lograr desmontar todo o logrado durante anos de loita obreira, o que se deu en chamar “estado de benestar”. Os recortes en servizos públicos esenciais como a sanidade, o ensino, dependencia, etc, non procuran como din os gobernos Feijoo e Rajoy a superación da crise, senón que buscan restaurar a taxa de gaños, de beneficios, das grandes empresas creando novos negocios a costa de desmontar o estado de benestar.Até o de agora cada sindicato, cada organización política, cada movemento social foi tratando de defender unha determinada área, un determinado territorio en solitario e aínda que esta loita deixou vitorias parciais, como a lograda na sanidade en Madrid, non están a conseguir parar o proceso de involución xeral que está a vivir o conxunto da clase traballadora.Este proceso, estes pasos cara a escravitude, só se poden deter desde a unificación das distintas loitas cun obxectivo común: derrubar o sistema capitalista dunha vez. É preciso sabermos que por moito que semelle que o capitalismo se devora a si mesmo, non vai caír por si só, hai que empurralo e nesa loita non debe sobrar ninguén. Todas as mans son precisas.Por isto desde a CUT apoiamos e impulsamos xunto con outras organizacións sindicais, políticas e sociais as denominadas Marchas da Dignidade que pretenden facer confluír en Madrid as distintas loitas que se dan ao longo e ancho de todo o estado e visibilizar dun xeito contundente o noso rexeitamento ás medidas antisociais deste goberno ao servizo do capital.A CUT non vai a Madrid a reclamar ou para recuperar o que tiñamos antes desta crise, non vai mobilizar a súa afiliación para frear os recortes e depoñer este goberno para que se poña outro cunha faciana máis amábel. A CUT vai a Madrid para romper con este sistema que só xera desigualdades e inxustizas, imos porque se quixermos ter futuro como pobo e como clase non podemos faltar a esta cita como non o van facer os bascos, os catalás, os canarios, os andaluces, etcMais o importante non é Madrid, senón o camiño e o proceso que nos leva cara Madrid, ese é éxito desta iniciativa. Por primeira vez o sindicalismo alternativo, os movementos sociais e as organizacións anticapitalistas apostamos pola unidade de acción para derrubarmos este réxime corrupto e caduco nado dunha ditadura.Madrid non é pois un punto de chegada senón máis ben un punto de partida, a partir do cal en cada territorio as distintas organizacións e movementos que confluamos o 22 de marzo comecen un traballo real e conxunto. Un traballo que xere ilusión e sexa capaz de aglutinar e mobilizar a toda esa maioría silenciosa que hoxe non está con nós.Na loita de clases non pode haber espectadores, non pode haber persoas indiferentes, pois a indiferenza mantén un silencio cómplice coas inxustizas, a indiferenza sostén o actual sistema e a nosa indiferenza e renuncias de hoxe sentarán as bases dun futuro de escravitude para a maioría.Adiante a loita obreira, adiante coas Marchas da Dignidade!Viva Galiza ceibe e socialista!A CUT convoca para o día de hoxe, unha homenaxe a Amador e Daniel no paseo do Calvario ás 20h. A convotaria deste acto pódese descargar aquí.