Diego Cañamero en Galicia

Diego Cañamero en Galicia

10

Os días 1 e 2 de marzo o dirixente do Sindicato Andaluz de Traballadores/as dará dúas charlas en Vigo e A Coruña.Diego Cañamero converteuse nos últimos tempos nun referente da loita obreira no estado español grazas ás continuas mobilizacións, expropiacións de supermercados e ocupacións de latifundios protagonizadas polo Sindicato Andaluz de Traballadores/as, que forneceron á clase obreira de todo o estado dun exemplo a seguir polo seu compromiso, loita e actitude revolucionaria en defensa do dereito dos e das obreiras a unha vida digna.Co gallo da convocatoria das Marchas da Dignidade -convocadas contra o paro e a precariedade laboral, contra os recortes sociais e a corrupción -Cañamero estará presente en dúas charlas en Galicia, a primeira terá lugar o primeiro de marzo, en Vigo, no Salón de Actos dos Capuchinos, Rúa Vázquez Varela ás 18 horas, e a segunda delas na Coruña, ás 12 horas, na Asociación Veciña dos Anxos, na Avenida de Glasgow.