Rolda de prensa en Vigo da Plataforma galega de apoio ás Marchas

Rolda de prensa en Vigo da Plataforma galega de apoio ás Marchas

5

Onte, mércores, tivo lugar en Vigo unha rolda de prensa de apoio ás Marchas da Dignidade que contou coa presenza dunha ducia de organizacións políticas, sindicais e plataformas cívicas da cidade.O obxectivo da rolda de prensa era o de dotar da maior difusión posible a convocatoria de manifestación convocada para o vindeiro día 26 de febreiro en apoio ás Marchas, así como incidir na necesidade de aumentar a mobilización popular no actual contexto de crise estrutural do sistema e ataque sistemático do Capital aos traballadores e traballadoras.As organizacións asistentes acto foron,entre outras, Esquerda Unida, Esquerda Anticapitalista, Xuventudes Comunistas, Marcha Mundial das Mulleres, Democracia Real Xa e Ecoar.