Xa á venda as camisolas da columna galega das Marchas

Xa á venda as camisolas da columna galega das Marchas

10

O seu prezo de venda son 5 euros, e estarán dispoñibles a partires de hoxe nos locais comarcais da CUT serigrafadas co logo das Marchas e nas seguintes tallas: XXL, XL, L, M e S.Con esta campaña preténdese aumentar a difusión a pé de rúa das Marchas da Dignidade nun momento no que a socialización desta mobilización na que están comprometidas boa parte dos colectivos sociais e organizacións obreiras máis dinámicas do noso país empeza a resultar máis visible. Nesta ligazón pódese descargar, en formato PDF, unha folla voandeira con información sobre os obxectivos das Marchas e os vindeiros actos da Plataforma Galega.