Convocatoria aberta de apoio á Marcha da Dignidade galega

Convocatoria aberta de apoio á Marcha da Dignidade galega

10

O vindeiro martes 11 de febreiro, ás 17h, terá lugar no local do Centro Social Gentalha do Pichel, en Compostela, unha convocatoria aberta a todos os colectivos sociais que queiran participar na organización da Marcha da Dignidade galega.Como xa declaramos no seu Manifesto, as Marchas da Dignidade teñen como obxectivo artellar desde abaixo a resposta cidadá ante as agresións da Troika, a Patronal e dos gobernos do PP/PSOE. Unha mobilización contra o pago da débeda, polo emprego digno, pola renda básica, polos dereitos sociais, polas liberdades democráticas, contra os recortes, a represión e a corrupción, por unha sociedade de homes e mulleres libres, unha mobilización contra un sistema, un réxime e uns gobernos que nos agreden e non nos representan. Unha mobilización a prol do dereito dos pobos a decidir soberanamente o seu futuro.Podes descargar unha copia da convocatoria nesta ligazón.