A CUT solidarízase cos compañeiros condenados

A CUT solidarízase cos compañeiros condenados

9

A Central Unitaria de Traballadores/as expresa a súa total solidariedade cos dous compañeiros condenados a un ano de prisión por formaren parte dun piquete informativo, e chama a súa militancia a participar na mobilización convocada en Vigo o vindeiro domingo, 9 de febreiro ás 11:30h con saída na Praza dos Cabalos en repulsa por este feito.Esta sentenza amosa unha vez máis o carácter clasista do aparato legal e xudicial da burguesía española no poder, disposta a perseguir e reprimir por todos os medios a parte máis consciente combativa da clase obreira galega organizada co fin de impor un castigo exemplarizante que intimide a crecente contestación social.Volve a pórse de manifesto a dobre vara de medir ao xulgar as actuacións da clase obreira, por unha parte, e a dos banqueiros, políticos corruptos e membros da Casa Real enriquecidos a costa do erario público, pola outra. Para os primeiros prisión preventiva sen probas, para os segundos absolución sen cargos e terceiros graos. E, cando a cousa non ten remedio, sempre queda o recurso de emerxencia do indulto.A xustiza española está completamente desacreditada e non ten máis función que a de asegurar a paz social e a división de clases imperante, e aínda así, cando algún xuíz comete o erro de pretender levar a xuízo os poderosos ou o Partido Popular, é inmediatamente expulsado do estamento xudicial como vimos de comprobar no caso de Elpidio Silva.Por todo isto, desde a CUT esiximos a inmediata posta en liberdade dos dous compañeiros secuestrados pola xustiza do réxime en exercicio do lexítimo dereito da clase obreira á Folga.