A CUT-Compostela parabeniza o CS Gentalha do Pichel no seu décimo aniversario

A CUT-Compostela parabeniza o CS Gentalha do Pichel no seu décimo aniversario

4

Compañeiras/os;
Dicía o filósofo que a primeira vitoria é deixar de vivir no territorio do inimigo.Estes días a Gentalha do Pichel cumpre dez anos como proxecto ao servizo do pobo de Compostela. Dez anos dun esforzo inxente de mans e mans de traballadoras e activistas da cidade que soubestes construír un enchave diferente para todas nós. Con ampla xenerosidade e humildade, co obxectivo claro de rachar a monotonía imposta polas institucións municipais da desidia, da xentrificación, da expropiación identitaria.Aí o está, en pé. Aberto. Un espazo común e comunitario para todas e todos. Un espazo no que participar as máis variadas experiencias culturais, sociais e políticas. Un espazo que tivo as portas abertas a esta central sindical unha e outra vez, en canto for preciso. Algo que agradecemos hoxe da maneira máis sincera.Mais non só un novo espazo construído por todas e todos vós con grande acerto e cunha extrema sensibilidade, senón tamén un lugar dende o que nos aprendestes que é posíbel construír os nosos propios territorios, un territorio ben diferente do do inimigo. Un territorio de disidencia e de combate. Un lugar dende o que resistir.Non podiamos esquecernos de vós nesta celebración. Ao noso amigo Zé Mario Branco, no seu imprescindíbel FMI (tan actual ao paso dos anos) xurdiulle unha pregunta: “Diz lá, valeu a pena a travessia? “.Nós respondemos canda el: “Valeu pois”.Que veñan dez máis!Unha aperta afectuosa en nome de toda a afiliación da comarca de Compostela.
Raquel Lema AstraySecretaria da Unión Comarcal de Compostela.Central Unitaria de Traballadores/as (CUT)